|
D.O. RÍAS BAIXAS (18-10-2005)
A vendima fai presaxiar moi bo viño este 2005
Cando a recolleita de uvas se dá practicamente por pechada, os resultados apuntan a unha vendima de 21 toneladas de uva dentro das viñas da Denominación de Orixe (D.O.) Rías Baixas. Trátase dunha cifra un 5% inferior á do ano pasado, pero os adegueiros aseguran que a calidade da uva é mellor que a de anos anteriores.
O xerente da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro, explicou que os mostos teñen uns aromas fóra do común, e presaxiou que o desta tempada será un viño que dure varios anos en perfecto estado.
A colleita deste ano tranformarase nuns 21 millóns de botellas de viño. A D.O Rías Baixas ten un dos rendementos de transformación da uva en viño máis baixos de España. Esta excelencia garante unha gran calidade, pois só aproveitan o caldo máis valioso.
|