|
ÁS RÍAS BAIXAS, POLO AIRE (03-12-2005)
Air Europa promocionará Pontevedra como obxectivo turístico
O Grupo Globalia, no que están integrados Air Europa, Halcón Viajes e Travel Plan, ultima coa Deputación de Pontevedra un convenio para a promoción das Rías Baixas. As dúas aseguraron, tras unha xuntanza, estaren "no bo camiño" para logralo.
En liñas xerais, o acordo contempla o reforzo da liña aérea entre Madrid e Vigo. Air Europa ofrecerá 3 novos voos diarios en "non máis de dous ou tres meses", segundo o director de Globalia, Juan José Hidalgo, e durante un ano. O trato prorrogarase se a ocupación supera o 70%.
Ademais, as Rías Baixas estarán presentes en forma de vídeos nos avións e carteis nas axencias de viaxes de todos os lugares nos que opera a empresa turística.
|