|
MELLORAS EN PONTECESURES (05-12-2005)
Fomento restaurará a ponte romana sobre o río Ulla
O Ministerio de Fomento investirá arredor de 150.000 euros na recuperación e posta en valor da ponte romana que cruza o río Ulla á altura de Pontecesures. A Demarcación Provincial de Estradas confirmoulle ao Concello que a obra financiarase con cargo ao programa do 1% cultural dunha Comisión Interministerial.
As melloras implicarán importantes obras de mantemento, reposición da cantaría e outras actuacións técnicas.
A ponte romana do Ulla forma parte do Camiño Portugués cara a Santiago e está inserida no inventario do patrimono cultural de Galicia.
|