|
CORREDOR DO MORRAZO (13-12-2005)
A nova estrada evitará os atascos estivais nos arredores das praias
Tras máis de dez anos de proxecto, o corredor do Morrazo xa está en funcionamento. Esta vía achega os concellos de Bueu, Cangas e Moaña a Vigo. Parte da ponte de Rande e, a través dos montes do Morrazo, acada dous finais: un entre Moaña e Cangas e outro en Aldán, entre Cangas e Bueu.
Os técnicos da Xunta de Galicia estiman que, con esta alternativa viaria, chegar a calquera destes puntos do Morrazo desde a cidade de Vigo non sobrepasará os 20 minutos.
Todos os cálculos indican que grazas á redución dos atascos que aparecían cada verán, aumentará o número de visitantes ás máis de 70 praias da península do Morrazo.
|