|
LOURIZÁN SERÁ UN REFERENTE AMBIENTAL (18-12-2005)
O Pazo de Montero Ríos converterase nun Centro de Investigación e Información
O que fora residencia do político da Restauración, Eugenio Montero Ríos, afondará na súa dedicación científica nos vindeiros anos. A Xunta investirá 25 millóns de euros para acondicionar no Pazo pontevedrés o Centro de Investigación e Información Ambiental de Galicia.
A finalidade do organismo, que empezará a funcionar como tal no 2006, será coordinar e integrar nunha mesma estrutura todos os datos e estudos ambientais sobre a comunidade autónoma para, deste xeito, procesalos, desenvolvelos e difundilos.
Neste último aspecto, o da difusión, a Xunta indica que o edificio estará aberto á cidadanía. No pazo poranse en marcha actividades de educación ambiental, cursos para profesionais , congresos e exposicións.
|