|
A PINTA QUEDARÁ EN BAIONA (17-12-2005)
O Concello formalizou a compra dun dos símbolos turísticos da vila
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña asinou en Sevilla o documento que asegura a permanencia da carabela Pinta nas Rías Baixas. O municipio pagoulle 60.000 euros á súa propietaria, a sociedade do Quinto Centenario. Boa parte dos cartos corresponden a unha doazon do presidente da compañía Cepsa.
Esta adquisición permite que se manteña no porto baionés un dos símbolos máis importantes da cidade, convertido hoxe en día en museo e ao redor do cal se celebra cada ano a Festa da Arribada, que fixo chegar por primeira vez a Europa a noticia do descubrimento de América.
|