|
RIASBAIXAS.NET XA ESTÁ NA REDE (19-12-2005)
A nova web de Abertal presentouse este luns en Pontevedra
A comunidade virtual www.riasbaixas.net empezou o 19 de decembro a súa andaina oficial pola rede. Foi presentada no Palacete pontevedrés das Mendoza, sede do Padroado de Turismo Rías Baixas.
Ao acto asistiron o director do Padroado, J. Octavio Rodríguez, e o xerente da empresa promotora, Manuel L. Pan.
O novo portal pretende dinamizar o turismo das Rías Baixas aproveitando os novos camiños de Internet e a experiencia que lle outorga a Abertal ter desenvolvido con éxito outros dous portais semellantes: www.finisterrae.com e www.ribeirasacrata.com.
Desde este portal agardamos que o que acaba de nacer sexa só unha pequena versión da grande comunidade virtual que, co seu apoio e colaboración, traballará para o ben económico, social e cultural das Rías Baixas.
|