|
VOLVE VIGOLANDIA (21-12-2005)
O IFEVI encherase de actividades lúdicas para alborozo dos máis pequenos
Do 28 de decembro ao 1 de xaneiro estará aberto no recinto feiral de Cotogrande a III Feira do Deporte, Cultura e Integración "Vigolandia" . Doce mil metros cadrados estarán cheos de actividades de lecer enfocadas para as nenas e os nenos: obradoiros creativos, xogos educativos, paiasos, un circuíto de edcuación viaria e unha tómbola benéfica, entre outras.
A entrada custa 2 euros para os menores de 14 anos e 3 para os maiores. Os beneficios serán destinados a institucións benéficas da comarca de Vigo.
|