|
O GROVE ABRE A LONXA AO TURISMO (28-12-2005)
A confraría reformará as instalacións para facilitar a entrada dos visitantes
Os turistas que se acheguen ao Salnés poderán dar un paso máis alá de gozar da calidade do seu peixe e do seu marisco. Cando rematen as obras na lonxa do Grove, poderán tamén entrar na poxa e observar como funciona o mundo do mar en Galicia.
Ese é o obxectivo da confraría do Grove, que asegura que nos últimos anos vén percibindo cada vez maior número de curiosos nas instalacións. O que van facer é remodelar o edificio para permitir unha mellor convivencia entre o turismo e os produtores. Pensan construír un semi-andar con cámara de vídeo e paneis. Desde alí, os visitantes poderán observar a poxa, a escolla de peixe e marisco e o pesado dos lotes.
Ademais, o pósito prevé organizar visitas guiadas ao porto, unha experiencia que xa lle deu moi bos resultados durante a última Festa da Centola.
|