|
O 2006 CHEGA ANTES AO SALNÉS (29-12-2005)
Os vilagarciáns celebrarán a fin do ano ás 12 do mediodía
Xa está convertido en tradición irrenunciable. E iso que empezou como unha protesta porque aos vecinos lles marchaba a luz pola noite e non podían seguir as badaladas pola televisión. Desde o 98, Vilagarcía cambia de ano con 12 horas de anticipo e a festa converteuse xa nunha referencia estatal.
O orzamento municipal chega case aos 6.000 euros. Repartirán cava catalán (tan de moda nas últimas datas), iogur líquido para quen non queira probar o alcol e un cotillón para todos os asistentes.
As previsións municipais estiman en arredor de 3.000 o número de persoas que se unirán á festa o día 31. Haberá música en directo e foliada ata, polo menos, as 13.30 h. O centro neurálxico da fin de ano no Salnés está na praza de Galicia, en Vilagarcía de Arousa.
|