AMOR POLO PARANORMAL (15-11-2006)
O grupo vigués Ectoplasma entra no mercado discográfico
Despois de anos de música nómada e instrumentistas temporais, a banda de Nicolás Pastoriza entrou no estudio de gravación. Son 5. De Vigo. Ademais de Nicolás, están os ex-Piratas Paco Serén e Hall 9000, David Rodríguez e Saúl Puga. O disco titúlase Amor polo paranormal.
Traballan co pop. Fan unha revisión de grandes temas mundiais, cun toque británico e o verniz estilístico de Los Piratas. Tamén hai pezas propias, cun fío condutor referido á ciencia ficción.
O disco gravouse con Pop & Co, a compañía do produtor tamén vigués Pablo Iglesias quen, agora afincado en Madrid, segue atento á industria musical das Rías Baixas.
|