PEINADOR - O SALNÉS (22-11-2006)
Un servizo de autobuses unirá a comarca co aeroporto

Un dos problemas que atopan os turistas que chegan por avión é a mobilidade. Para tratar de acabar con esta queixa a Deputación de Pontevedra vai promover a posta en marcha dun servizo de transporte por autobús entre o aeroporto de Vigo e a comarca do Salnés, a área turística pontevedresa máis afastada de Peinador.

O presidente do organismo provincial, Rafael Louzán, apuntou que negocia ademais coa Dirección Xeral de Transportes o reforzamento das liñas interurbanas, as que unen uns concellos con outros.

Deste xeito, os visitantes e a veciñanza das Rías Baixas terán maiores facilidades para coñeceren os puntos emblemáticos da provincia.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Novas relacionadas  




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©