O SALNÉS APOSTA POLO VIÑO (23-11-2006)
A Fundación Comarcal promocionará a ruta enolóxica por toda España
Os turoperadores venderán O Salnés como o berce do viño albariño e o mellor exemplo para coñecer como se realiza e o ben que sabe. A ruta do viño vai adiante e a Fundación Comarcal do Salnés xa empezou a ofrecer paquetes turísticos con este obxectivo.
Haberá tres posibilidades: unha semana para coñecer o viño da comarca; unha fin de semana; ou unha combinación de relaxantes spas e do mundo vitivinícola.
Na nova ruta do viño están integrados máis de trinta hoteis, restaurantes, tendas e adegas. Todos pasaron controis de calidade e cursos de formación para mellorar o trato aos visitantes.
|