CONCERTO PROXECTO ORQUESTRAL (10-05-2009)
Música en Cangas e Pontevedra

O Conservatorio Profesional e Escola de Música de Cangas organiza un Concerto Proxecto Orquestal a celebrar o venres, 15 de maio de 2009 no Auditorio Municipal de Cangas e o venres, 22 de maio de 2009 no Teatro Principal de Pontevedra.

O programa do concerto consta de dúas partes, na primeira un tema de Sabrina de John Williams, Adiós Nonino de Astor Piazzolla, Interludio de Alberto González Avilés e a Metamorfose sobre Cantique de Noël de Adolphe Adam e Alberto González Avilés. A segunda parte con Fantasía sobre temas de J.Williams para Harry Potter de Alberto González Avilés, A Morte de Ase de Eduard Grieg, Oblivion de Astor Piazzolla, Intermezzo Sinfónico da Ópera Cabalería Rusticana de P. Mascagni e Piratas de Alberto González Avilés.

# Enlace permanente a esta nova
Utiliza este enlace para copiar como acceso directo ou para engadir a favoritos.

Novas relacionadas  




info@riasbaixas.net
Tlf.: (+34) 902 23 31 31
By Abertal ©