|
ESCOLA DE SURF (11-10-2005)
Os interesados poderán practicar este deporte na Lanzada, Foxos e Montalvo
O varias veces campión de Galicia Milo Castelo será o director da escola de surf. Está pensada para alumnos de todas as idades. Dous monitores coordinarán a aprendizaxe tanto de nenos desde os cinco anos como de maiores. O papel de Castelo será traballar cos afeccionados que queren pulir técnica e ir "un pouco máis alá" no mundo do surfing.
As clases empezarán en breve. Polo momento hai arredor de 25 persoas apuntadas. A matrícula está aberta no 981 102 394.
A actividade desenvolverase na cara norte da ría de Pontevedra, nos areais de Foxos, Montalvo e A Lanzada, onde Castelo xa ten organizado pequenos cursos no pasado.
Milo Castelo, pontevedrés de 28 anos, gañou en sete ocasións o Campionato Galego de Surf. Foi tamén subcampión de España e formou parte da selección que gañou o Europeo de Surf o ano pasado.
|